SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

martes, 25 de noviembre de 2014

Proxección en Gondomar


Proxección en Gondomar dentro do ciclo de memoria histórica organizado polo 
Instituto de Estudos Miñoranos.
Mércores 8 de outubro ás 20:30 hs
A proxección será na Aula da Cultura Ponte de Rosas. Avda da Feira nº 10.
Ao debate posterior asistirá o protagonista do documental Luís González Ferreiro.

viernes, 11 de abril de 2014

Proxección en Vilalba

Luns 14 de abril ás 17:00 hs
Lugar: Biblioteca Municipal de Vilalba
Organiza: Agrupación local de EU e da XC de Vilalba

Proxección en Monforte de Lemos


O venres 11 de abril ás 20:00 hs
Lugar: Centro Cultural de Monforte de Lemos
Organiza: Asociación de Amigos da República de Monforte de Lemos
Á proxección asistirá o protagonista da cinta, Luís González "Ferreiro"

domingo, 24 de noviembre de 2013

Proxección na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo

Á proxección asistirán os autores do filme Fernando Llor e Roi Cagiao así coma o seu protagonista Luís González "Ferreiro"
(ás 19:00 hs na ESAD; Pozacabalo s/n, PAU de Navia)

martes, 30 de octubre de 2012

PARTICIPACIÓN NO IX KO&DIGITAL FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA SOLIDARIO

"O meu nome é Luís Ferreiro" ven de ser seleccionado na sección de competición do IX KO&Digital Festival Internacional de Cinema Solidario.
A proxección terá lugar o día 16 de novembro na Seu d´Amics del Cinema
c/ Industri nº 49
Sant Sadurní (Barcelona)