SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

miércoles, 9 de febrero de 2011

Proxección en Ferrol o 22 de febreiro

LUGAR: Fundación Caixa Galicia
Ferrol
 

(Plaza de Galicia - Cantón de Molíns)

DATA: 22 de febreiro
HORA: 19:30 hs 

Á proxeción do mesmo asistirá 
o protagonista, Luís González López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario