SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

sábado, 28 de mayo de 2011

Proxección en A Guarda o 3 de xuño

LUGAR: Centro Cutural 
(Alameda)
A Guarda
 DATA: 3 de xuño
HORA: 20:00 hs 

Presentan:
  Luís González López "Ferreiro" (protagonista)
Roi Cagiao (co-autor)
Xesús Alonso Montero 
(asesor histórico e Presidente do Foro pola Memoria de Galicia) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario