SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

martes, 30 de octubre de 2012

PARTICIPACIÓN NO IX KO&DIGITAL FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA SOLIDARIO

"O meu nome é Luís Ferreiro" ven de ser seleccionado na sección de competición do IX KO&Digital Festival Internacional de Cinema Solidario.
A proxección terá lugar o día 16 de novembro na Seu d´Amics del Cinema
c/ Industri nº 49
Sant Sadurní (Barcelona)

No hay comentarios:

Publicar un comentario