SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

martes, 25 de noviembre de 2014

Proxección en Gondomar


Proxección en Gondomar dentro do ciclo de memoria histórica organizado polo 
Instituto de Estudos Miñoranos.
Mércores 8 de outubro ás 20:30 hs
A proxección será na Aula da Cultura Ponte de Rosas. Avda da Feira nº 10.
Ao debate posterior asistirá o protagonista do documental Luís González Ferreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario