SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

domingo, 24 de octubre de 2010

ESTREA O 9 DE DECEMBRO EN VIGO


O vindeiro 9 de decembro, xoves, estrearase o documental na cidade de Vigo.
A elección desta cidade non é casual xa que na mesma se desenvolveu a actividade máis relevante do protagonista do filme. 
Porén, e aínda que a película recorre distintas localizacións da xeografía galega, a actividade clandestina en Vigo na loita contra a ditadura nos últimos anos do franquismo ocupa un lugar central na mesma: a constitución das CC.OO., a organización do PCG na comarca, a folga do 72...

Á proxeción do mesmo asistirá o protagonista Luís González López.

Na organización da proxección colaboran:
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Asemblea Republicana de Vigo.

LUGAR: Centro Social Caixanova
DATA: 9 de decembro
HORA: 20:00

2 comentarios:

  1. Alégrome infinitamente de que se faga esta homenaxe tan merecida. Luis é un héroe e un exemplo inimitable.

    Noraboa camarada "Ferreiro"

    José M. Sánchez (Cholo)
    A Coruña

    ResponderEliminar
  2. Eu vin ao compañeiro "Ferreiro" por primeira vez na miña vida na homenaxe a Marcelino Camacho e non sabía nin quen era.

    Tireille unhas fotos (entre todas as que fixen na homenaxa) porque me traía á cabeza un montón de imaxes dun pasado de loita heróica xa perdida, porque me parecía unha especie de "símbolo".

    Cando souben que este home era quen era e souben desta película, non o dubidei. O día 9 estarei no Caixanova para coñecer algo máis desas historias das que aos meus pais lles oía algún que outro detalle de pequeno.

    Antonio Barreira
    Vigo

    ResponderEliminar