http://www.atlantico.net/noticia/118484/recuerdo/lucha/
SINOPSE
Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.
A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.
En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
grande luis, grande.
ResponderEliminarpodovos decir de luis que e unha persoa extraordinaria, cariñosa e moi amigo de estar cos xoves e contarlles as suas andanzas durante aqueles anos de loita.
gracias, tio, gracias por compartires os teus recordos con nos.
a tua sobriña, rocio.