Brevísima semblanza de Luís González López (“Ferreiro”)
(Barreiros, Vila de Cruces, 2 – 8 – 1939)
Por Xesús Alonso Montero
Compañeiros, compañeiras:
Sinto no fondo do corazón non estar na estrea do documental no que se homenajea a un dos cidadáns europeos máis nobre e máis valerosamente comprometido coas ideas que iluminaron a vida e a obram, entre moitos outros de Carlos Marx, Rosa Luxemburgo, Antonio Gramsci, Manuel Gómez del Valle e Dolores Ibárruri.
Refírome –ben claro está- a Luís González López, que é en certo modo o pretexto do documental que se vai ofrecer, un documental no que , ás veces, el aparece como protagonista, o que, sen dúbida, manca a súa humildade, sempre excesiva. O documental é, co fío conductor do noso Luís, unha píntese e unha homeaxe a certos momentos difíciles da loita comunista en Galicia. Está feito con acerto, criterio e moita pixón, por dous mozos ós que debemos gratitude: Roi Cagiao e Fernando Llor.
Na loita comunista Luís foi – e é- unha peza sólida, incansable, teimuda e entusiasta. É moi difícil superar a quen todos chamamos ‘Ferreiro’ nome escolleito nos duros tempos da clnadestinidade e co que agora o coñecen centos e centos de veciños, compañeiros e admiradores, moitos dos cales ignoran que se apelida González López. Eu penso que debería de cambiar oficialmente de apelidos, pois é o ferro quen define con xusteza a súa dureza inquebrantable nos momentos máis duros da represión, sobre todo aquelas 72 horas en que foi torturado na comisaría da Coruña nun mes de abril de 1969. O comportamenteo de Ferreiro neses tres días tmibles foi férreo, ademáis de antológico na historia pavorosa das torturas franquistas. Sábeno ben Cañoto, Zunzunegui e Paradela, os seus torturadores, algún aínda vivo.
‘Ferreiro’, o noso ‘Ferreiro’, fixo de todo desde moi novo: despois de ser monaguillo na parroquia natal cando era neno, traballou de labrador, de pastor, de canteiro, de mineiro, de albanes, de conserxe…; tamén foi un peculiar arquitecto como construtor de zulos para as multicopistas clandestinas do Partido. Parte dos oficios mencionados exerceunos na emigración en Francia, onde bateu por primeira vez co Partido Comunista, e foi nese ideario e nesa militancia onde Luís encontrou o significado pleno para a súa existencia, dende eses mesmo momento poste enteiramente ao servizo da doctrina marxista e do ideal comunista.
Compre ter moi en conta, compañeiros e compañeiras, que, cando Luís González López se encontra en Francia co Partido, el xa era un mozo cheo de xenerosidade, el xa era un home de ben, unha persoacabal, boa xente, e foi nese encontro onde noso camarada empezou a decatarsede que non abondaba con ser bo, de que había que integrarse nun colectivo que estaba convencido, por definición, de que a bondade dos individuos realzarase, potenciarase e consolidarase nunca sociedade sen privilegios e sen desfavorecidos, ou sexa, nunha sociedade na que a xustiza cegase a ser de todos e para todos. Nese intre, Luís González López, que xa era de ferro duro e limpo, insensible á súa bondade á súa condición de home de ben, non ideario e nunha organización política que viñeron ó mundo para relizar o ideal grandioso e omnipresente da xustiza. De feito, as novas ideas e a militancia moldearon e depuraron a bondade que Luís xa tiña de seu.
Luís ‘Ferreiro’, unha especie de santo laico, é un modelo de cidadán, un exemplo para todos dentro e fora do Partido. Nun mundo onde os gobernantes de España premian e condecoran á Duquesa de Alba, hai moito tempo que Luís é patrimonio da Humanidade.
Xesús Alonso Montero
Vigo, 8 de decenbro de 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario