Fundación Casa Museo A Solaina
Piloño- Vila de Cruces
7 de xullo ás 18:00 horas
Presentan:
Luís González (protagonista do filme)
Roi Cagiao (co-autor)
Xesús Alonso Montero (Presidente do Foro pola Memoria de Galicia)
Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.
A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.
En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario