SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

domingo, 28 de agosto de 2011

Proxección na XXVIII edición do XOCIVIGA


"O meu nome é Luís 'Ferreiro'" ven de ser seleccionada para participar na XXVIII xornada do festival XOCIVIGA (Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia) que organiza o Cine Clube Carballiño en colaboración co Concello do Carballiño, dentro do ciclo XOCIVIGA Documental.

Proxección
Casa da Cultura do Carballiño
Av Calvo Sotelo 29
Sábado 10 de setembro ás 20:00 Horas

Ao pase asistirán Roi Cagiao, co-autor do filme 
 o protagonista do mesmo Luís González 'Ferreiro', 
e Xesús Alonso Montero, 
presidente do Foro pola Memoria de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario