Café Bar Uf
Rúa Pracer nº 19
Rúa Pracer nº 19
Vigo
Martes 8 de novembro ás 20:00 Horas
Á proxección asistirá o protagonista do filme
Luís González 'Ferreiro'
Tras a proxección terá lugar un debate.
Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.
A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.
En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario