SINOPSE

Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.

A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.

En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.

lunes, 2 de abril de 2012

Proxección en O Barco de Valdeorras

Teatro Lauro Olmo
O Barco de Valdeorras
Mércores 11 de abril ás 20:00 Horas
Á proxección asistirá o protagonista do filme 
Luís González 'Ferreiro' e os directores do mesmo
Tras a proxección terá lugar un debate.
 
Organiza: Ateneo Republicano de Valdeorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario